Opinión

Memoria, si; pero para un bo uso

O PENSADOR búlgaro Tzvetan Todorov recorda nunha entrevista unha cita de David Rieff: "Non hai que recordar, porque a memoria condénanos á vitimización e ao rancor". Sería como o mal uso da memoria, algo do que se queixa Pagazaurtundua de que está ocorrendo en Euskadi. Pero contra esta posición pesimista a memoria pode servir para recordar erros pasados e evitar repetilos; non para reproducir conflitos. As ditaduras intentan controlar o pasado, recorda Todorov, pero queda a memoria, sempre parcial, iso si. Pero non debería ser utilizada para invocar o procesamento de quen cometeu un delito, aínda que si para facer xustiza a quen precisamente puido morrer a pesar de non ter incorrido en ningún. A reparación das vítimas non lle debería parecer mal a ninguén, porque xa tiveron bastante con ser represaliadas como para non poder sequera ser mantidas na memoria.

Comentarios