Opinión

Medos políticos

MELLOR que intentar ilusionar coas súas mensaxes, desta vez máis que nunca os partidos, sobre todo os tradicionais, recorren ao medo ao distinto. O PP basea a precampaña, e posiblemente seguirá de aquí ao 20 de decembro, en que se non continúa no goberno o país afundirase nunha depresión similar á fosa das Marianas. E na beira contraria, o PSOE contrarresta ese temor asegurando que se permanece o executivo actual a precariedade dos españois acrecentarase. Ciudadanos reparte a destra e sinistra; por un lado infunde pavor ante a continuidade da corrupción que se enseñoreou arredor do PP, e por outro busca atraer para si votantes que fuxan do pánico que lles poida dar un PSOE pouco consistente na defensa de España ante ameazas secesionistas. E Podemos inspira fobia contra os vellos partidos, pero tamén contra o novo que lle arrebata protagonismo. Alarman.

Comentarios