Opinión

Mazazo xudicial

AÍNDA NON se recuperou a Xustiza española do mazazo que lle caeu da europea por tomar unha decisión descoñecendo a lexislación ao respecto, que sería lamentable, ou por sabendo dela aplicala como non debía, que sería terrible, por prevaricación; igual que sentenzar sen recibir resposta ás súas dúbidas. En calquera caso, a decisión do Supremo vena emendar o tribunal europeo, que abre a porta do Parlamento aos electos independentistas cataláns prófugos ou presos, outra percusión sobre a Administración española que utilizan os soberanistas para desacreditala e engrandecer mártires. Isto é consecuencia de deixar nos tribunais decisións que lle correspondían aos políticos. Por se xa estivera pouco enleado o conflito catalán, o labirinto amplíase en contra dos que imaxinaban colofón coa sentenza polo procés e agora comproban que só era un chanzo no que non se sabe se se subiu ou se baixou. Quizais se estancou, Ou quizais se enquistou.

Comentarios