Opinión

Manter ou importar tradicións

ESTE ANO si parece real no tempo o paso da estación clara á escura, que oficialmente na cultura celta era arredor do actual primeiro de novembro. Prolongouse en Galicia o período seco en contraste coas gotas frías que facían estragos materiais e humanos no Mediterráneo, de tal xeito que aquí case parecía unha herexía facer un magosto, tamén típico do Samaín, que pouco a pouco se vai recuperando en Galicia como para contrarrestar o oligopolio do Halloween. Curiosamente esta festa estadounidense volveu a Europa ben tempo despois de que a levaran a ultramar emigrantes irlandeses. En Galicia perdeuse o Samaín como tantas outras tradicións logo substituídas, como o Papá Noel (palabra francesa, por certo) polo Apalpador ou o Pandigueiro de Nadal; pero nos últimos anos vai collendo forza como festa de querenza propia neste país aínda ben acomplexado en aspectos que prefire importar tradicións en vez de manter as particulares.

Comentarios