Opinión

Entre mal e peor ou a supervivencia

Sen repoñernos das municipais (e tamén autonómicas por outros lares) xa estamos nas xerais. Ía ser igual que se fosen en decembro, con campaña continua e posiblemente aínda máis agresiva cá que acabamos de superar, entón mellor que se celebren xa, en plena negociación dos pactos PP-Vox para concellos e comunidades, en algunhas das institucións sen ser ningún dos dous o primeiro partido. Así deberon pensar Sánchez e os seus asesores. E forzar a Podemos a unirse a Sumar logo da debacle electoral do domingo, porque así aínda ten posibilidades de aferrarse a algún poder, cando da outra maneira, sen o parapeto de Díaz, parece abocado ao camiño de Cs, da nada ás alturas e de aí á irrelevancia, na que practicamente pode quedar aínda que vaia en coalición. Dise que ninguén convoca eleccións para perdelas, pero desta volta o adianto duns meses do presidente é ben arriscado, pero debeu entender que esgotar a lexislatura sería peor.

Comentarios