Opinión

Máis vulnerable coa luz que cos indultos

DANA máis ao Goberno a subida do prezo da luz que os indultos, porque a medida de graza aos independentistas só lle afecta a uns poucos cidadáns con postura moi definida a favor ou en contra; mentres que case ninguén se pode abstraer do consumo eléctrico, porque lle vai ao peto, e digo case ninguén porque aí non entrarán os senteito e os que enganchan ilegalmente ou tamén os de carteira tan grosa que o incremento no recibo non lles importe. Pero todos os demais, si.

A oposición mobilízase polos indultos, con recollida de sinaturas que xa sabía inútil legalmente pero coa que buscaba efecto censor, concentracións e acometidas verbais diarias; cando o Goberno sería máis vulnerable ao rexeitamento xeral da nova tarifa da luz, a que agora pretende rebaixar coa redución de impostos, unha reacción tardía, lenta, igual que ten ocorrido con outros asuntos sensibles. Aí si que atoparía un filón a oposición, se quixera, máis que coa exención carcelaria.

Comentarios