Opinión

Máis delitos ou máis xudicialización

MIRANDO as estatísticas, compróbase que dun ano para outro é mínima a diferenza no número de delitos. Non obstante, proxéctase a imaxe distorsionada de que existe máis criminalidade, quizais polos casos rechamantes ou porque se xudicializan asuntos que antes non chegaban aos tribunais, sobre todo os relativos a corrupción política ou de odio. Onte mesmo transcendeu que a Fiscalía informara ao Rei emérito de que o estaba inspeccionando antes de que regularizara os seus millóns como comisionista. E tamén que o ministerio público abre investigación sobre a marcha ultradereitista na que se reclamaba "fóra maricas dos nosos barrios" madrileños, nos que non podería residir calquera con algunha inclinación sexual distinta da heterosexual. Estridencias xudiciais, estas e moitas outras nestes tempos convulsos, pero que non significan máis delincuencia, senón diferente, case sempre de nativos, aínda que se pretenda difundir o contrario.

Comentarios