miércoles. 03.06.2020 |
El tiempo
miércoles. 03.06.2020
El tiempo

Que lonxe queda Turinxia de Sevilla ou Murcia

Que razón teñen os que resaltan a evidencia de que España é sitio distinto. Certamente todos o son, aínda que ás veces ben viría parecerse. Alemaña é vista con envexa nalgúns aspectos, pero noutros aquí non se segue o seu exemplo. A norma tácita de non apoiarse na extrema dereita para gobernar mantense como dogma desde a Segunda Guerra Mundial. Hai uns días o líder liberal de Turinxia aceptou os votos do racista e xenófobo AfD, xunto cos do cristiandemócrata CDU, para formar un executivo en minoría. Pero non tardou en recuar pola presión, incluso da chancelera conservadora Merkel, que cualificou o acordo inicial como "un mal día para a democracia". Turinxia posiblemente volva ás urnas, pero quedará como o estado que rompeu con tres cuartos de século de cordón sanitario da extrema dereita. Parece estar nas antípodas de España, aínda que só sexa a 2.000 quilómetros de Sevilla ou Murcia, onde a ultradereita sustenta gobernos.

Que lonxe queda Turinxia de Sevilla ou Murcia
Comentarios