Opinión

Lonxe da normalidade

Case dous anos despois da fuxida volve a España o Rei emérito. Para unha curta visita, iso si, non para asentar a residencia. Ten todo o dereito do mundo a facelo, unha cousa ou a outra, igual que podía quedarse no país no que reinou case catros décadas ese tempo que leva no estranxeiro porque non había ningún impedimento legal que o impedira, pero as súas condutas persoais impropias levárono ao autoexilio. Pero o arquivo das tres causas abertas pola Fiscalía Anticorrupción non lle devolven a normalidade completa, de feito non poderá facer noite na principal residencia que usou durante o seu reinado e a relación co seu herdeiro, aínda que se vexan despois de 22 meses, dista moito do que debería ser entre pai e fillo, entre o anterior e o actual xefe do Estado, por temor a que se contamine a institución debido á opaca orixe do seu patrimonio. Algúns partidos aplauden o regreso cando realmente é unha decisión cuestionable para a monarquía.

Comentarios