Opinión

Logo de Cataluña, agora de novo Euskadi

XORDE DE novo un conflito en Euskadi cando aínda non está aplacado o secesionismo catalán, que logo da aplicación do 155 e a celebración de eleccións queda en estado de hibernación, porque os máis de dous millóns de persoas que votaron independentismo se supón que non abdicaron dos seus principios.

Cando no 2005 se laminado no Congreso o plan Ibarretxe logo de catro anos de percorrido desde que se anunciara no Parlamento vasco parecía amainado o independentismo; logo veu Cataluña, que chegou a cotas de enfrontamento nunca alcanzadas. Esta andaina é exemplo para Euskadi, que inicia un novo percorrido co fin de lograr unha relación bilateral con España a través dun novo Estatuto, ou sexa, prolongar ao campo xurídico o que xa ten no económico co Cupo. Multiplícanse os descontentos, polo que prescindir da política para basearse só na lei é cada vez máis arriscado.

Comentarios