Opinión

Liderados volubles

ESTES SON os meus principios, e se non lle gustan teño outros. Dependendo de como sopre o vento abaneo cara un lado. Nos partidos dos extremos, Podemos e Vox, isto non ocorre, ou apenas, aínda que algunha evolución sempre hai; pero segundo nos imos aproximando ao centro, ese lugar político inexistente nada máis que para marcar as beiras, os cambios son notorios. Ciudadanos, na súa pretensión de transversalidade coa que naceu, malentendeuno para ir dando bandazos ata volver a Colón; o PSOE pasou de ter pesadelos con Podemos a durmir na mesma cama, e o PP coqueteou con Vox para logo romper amarras nunha moción de censura improcedente que pareceu o punto de inflexión para esquinar a ultradereita, pero volve achegarse na mesma praza que retratou a confluencia das dereitas. Todo iso denota escaseza de liderado, co consecuente despiste do electorado, o indeciso, o que gaña as eleccións, porque co fiel, insuficiente, xa contan.

Comentarios