jueves. 02.04.2020 |
El tiempo
jueves. 02.04.2020
El tiempo

Liberdade dentro dos partidos

EN TODOS os partidos existen distintas sensibilidades, é improbable que toda a militancia defenda o mesmo, se ben unhas organizacións saben máis que outras ocultar aos cidadáns esas diferenzas, nunha aparencia de harmonía imposible. Pero esas disconformidades non transcenden nas votacións parlamentarias, cun uniformismo que amosa a rixidez partidaria. Polo menos en España, onde os posibles díscolos sempre teñen derriba unha estrutura ameazante con expulsión se non manteñen a disciplina nas institucións. Non ocorre o mesmo no Reino Unido, onde é habitual que algún deputado vote distinto ao que marcan tories, laboristas, liberais ou antieuropeístas. A diferenza é que alí, na gran illa, si existe unha verdadeira representación territorial, cada escano gáñase persoalmente, non por ir nunha lista. Ese sistema maioritario ten esas distorsións, como a que levou a Johnson a perder votacións determinantes no Parlamento. Aquí non.

Liberdade dentro dos partidos
Comentarios