Opinión

Liberdade para acabar co sufrimento

CUARTO país europeo e sétimo do mundo, pero a vinte anos da primeira aprobación, o daquela Holanda e agora Países Baixos, que desde 2001 permite que se axude a acabar co sufrimento físico e psíquico constante e intolerable de quen por si mesmo non ten capacidade para poñer fin á súa vida. A partir de agora as persoas que o precisen terán a liberdade de solicitar axuda para morrer a pesar dos atrancos dos principais partidos da oposición, nunha postura similar á mantida con outras leis de dereitos sociais como as do divorcio, o aborto ou o matrimonio igualitario, e iso que con posterioridade algúns dos seus dirixentes aproveitaron estes avances lexislativos. Triste é acabar coa vida, pero máis non soportar continuar con ela, por iso se establece este dereito individual en España, para que non faga falta ir a Suíza polo suicidio asistido, ao que recorre quen o pode permitir porque é o único país que acepta que un cidadán estranxeiro vaia falecer alí.

Comentarios