sábado. 16.01.2021 |
El tiempo
sábado. 16.01.2021
El tiempo

Lexislatura máis longa, estratexia distinta

Coincide o cambio estratéxico do PP de apartarse de Vox, aínda que siga apoiándose nel en comunidades e concellos onde o precisa, co decisivo avance na elaboración dos orzamentos do Estado. Quizais os ideólogos do partido entenderon que o seguidismo da ultradereita só serviría para que continuara o transvase de simpatizantes, pero tamén puideron comprobar demoscopicamente que a crispación non daba os froitos agardados e que ademais pode funcionar no curto prazo pero dificilmente se pode sustentar nunha lexislatura completa, e logo dos últimos movementos políticos todo parece indicar que se aprobarán as contas públicas, algo que garantirá a prolongación do Congreso máis tempo do que aventuraban e con el o Executivo, fráxil, iso si; pero vivo. A moción de censura fortaleceu o Goberno, que recibirá outro alento cando se validen os orzamentos. Entón a oposición terá un ano perdido, pero empezará outro combate, ben distinto.

Lexislatura máis longa, estratexia distinta
Comentarios