COMO O PNV lle pechou a porta aínda que por cortesía acceda a falar con el, e con Junts as dificultades de entendemento son extremas logo da agresividade cos partidos cataláns, o PP lanza a rede cara outro cardume a ver se cae algún deputado despistado separado da seguridade do grupo. Ao PP válelle que uns cantos socialistas críticos con Pedro Sánchez, se os houber, lle faciliten os votos para investir a Feijóo, como unha manchea deles permitiron que Rajoy se convertera en presidente en 2016 abrindo unha crise no partido socialista da que Pedro Sánchez saíu con máis forza de cara á Moncloa. Unha desesperada apelación ao transfuguismo supera a súplica abstencionista para permitir gobernar a lista máis votada, conscientes de que o presidente é elixido polos deputados, non por decisión directa dos cidadáns. A democracia indirecta ten estas cousas e desta volta obriga a negociar, eufemisticamente "falar", pois a última baza é Junts.
Buscar
Secciones
Servicios
El Grupo
Comentarios