Opinión

Labazadas aos vellos partidos

XA PASOU en Italia e está en camiño de suceder en Francia. Os partidos tradicionais transalpinos, o democristián e o socialista, desapareceron, e os correspondentes correlixionarios galos veñen de sufrir senllos lapotes nas eleccións presidenciais ao recibir menos do 5 por cento do voto a candidata de Os Republicanos (ata a superaron os dous partidos de extrema dereita) e non chegar nin ao 2% a do PS (décima de doce). Tampouco é nova política, pois Macron xa fora ministro antes de converterse en presidente e Le Pen leva en cargos públicos case dúas décadas, pero rachan co dominio dos partidos clásicos que comezaron a esmorecer hai cinco anos cando estes dous mesmos candidatos se enfrontaron, como agora, na segunda volta das presidenciais. En España PSOE e PP sumidos en loitas internas e corrupcións abondosas sufriron para manterse por riba das formacións de nova creación pero resistiron, pero en Francia os seus semellantes non pasaron a proba. 

Comentarios