Opinión

Isto si é violencia

DÍAS de colapso na cidade máis poboada de España (como antes na segunda), xornadas nas que a violencia supera as reivindicacións argumentadas, que poden ser sensatas, pero quedan deslexitimadas polo método. E digo poden ser xustas, pero evidenciando que o do taxi é un sector que á forza ten que evolucionar. Igual que sucedeu noutros campos. A minería do carbón desaparece porque non é competitiva, correos tivo que reinventarse porque os e-mails e outros tipos de comunicacións practicamente liquidaron a correspondencia tradicional e os periódicos esíxense na busca de novas fórmulas para chegar aos lectores porque os dixitais ofrecen unha inmediatez coa que en actualidade os soportes de papel non poden competir. Resiliencia obriga. Pois ao taxi ocórrelle o mesmo. Quéixanse os seus líderes de que non teñen futuro, pois pode ser que non, pero son eles os que teñen que ofrecer alternativas, porque os monopolios carecen de porvir.

Comentarios