Opinión

Irregularidades sistémicas

NO PROCESO polos papeis de Bárcenas, independentemente de xulgar ao PP por corrupción, quedan patentes cuestións incluso máis preocupantes para a democracia, por non tratarse dunha anormalidade puntual aínda que prolongada no tempo, senón de algo sistémico: segue existindo enchufismo laboral nas institucións, e así o chofer do extesoureiro popular puido entrar na Policía en recompensa pola subtracción de información comprometida, á parte de que cobrara dos fondos reservados por este traballo irregular; contrólase a Xustiza, pois se o exdirixente do PP buscaba un acordo con outros cargos do partido para non tirar da manta a cambio de que a súa muller non entrara na cadea é porque sabía que se podía facer, e utilízanse as institucións do Estado para usos privados, como a operación no Ministerio de Interior consistente en localizar documentos que gardaba Bárcenas para que non chegaran ao xuíz que investigaba as contas secretas. Iso e máis.

Comentarios