Opinión

Inviste o perdedor

El líder de ERC, Oriol Junqueras. TONI ALBIR (EFE)
photo_camera Junqueras, presidente de ERC. TONI ALBIR (EFE)

Co doado que é en Galicia, con maiorías absolutas case sempre e como alternativa un pacto a dous se dá a suma, e que difícil resulta en Cataluña, e desta volta máis que nunca. Tres partidos aquí e oito aló, un de dereitas por catro, un nacionalista por catro, dous de esquerdas por catro, sen extrema dereita por dous. Simple e aglutinadora fronte á atomización catalá, que complica a gobernabilidade, e ata o verán non se aventuran acordos. Hai que deixar pasar as europeas, que atrasan a negociación. Aínda que reproduzan o esquema deste domingo, basicamente con dous transvases significativos, de ERC ao PSC e de Cs ao PP, que conclúe o proceso de absorción logo de atraerse o pouco que quedaba para o 9-X. Verase despois, pero en case todas as combinacións figura Illa como presidente e en case todas tamén a pedra angular é a que coloquen os máis fustrigados, os republicanos, con voto favorable, contrario ou abstención. Eles, os grandes perdedores, deciden.