Opinión

Investigación dobre, europea e española

A AUTORIDADE xudicial europea non sempre fai a mesma interpretación que os órganos correspondentes dos Estados membros. O pasado mes avalou o mecanismo para condicionar o reparto dos fondos de recuperación a Polonia e Hungría por non cumprir estes os estándares do dereito e deulle unha labazada a España por negar o paro ás empregadas de fogar, o que tamén representa unha discriminación por sexo por ser a inmensa maioría mulleres. Anteriormente e tamén sobre España o tribunal comunitario fallou que dirixentes abertzales non tiveron xuízos xustos e emendou decisións sobre independentistas cataláns, entre bastantes máis casos rechamantes. A Fiscalía europea insiste en investigar os contratos das máscaras do irmán de Ayuso aínda que a española se opón, nun conflito que levará a indagacións paralelas, por malversación en Luxemburgo e tráfico de influencias e falsidade en Madrid. Dobre amoladura para a presidenta.

Comentarios