miércoles. 03.06.2020 |
El tiempo
miércoles. 03.06.2020
El tiempo

Interpretacións

Xa o dicía Nietzsche, non hai feitos, só interpretacións. E Foucault incidía na idea para concluír que o poder impón a súa verdade porque dispón dos medios para aplicar a súa interpretación. Así, algúns partidos en España interpretan que Venezuela é un país antidemocrático e que polo tanto Guaidó é o lexítimo xefe de Estado porque presidía o Parlamento, ese si, democrático. Pola contra, outros partidos, tamén poderosos, interprétano á inversa e consideran un usurpador ao recoñecido por 50 países e como ilegal, que debería estar na cadea. En España, algúns deduciron que as decisións dun Parlamento autonómico eran ilexítimas, e pola contra outros entendían que esas interpretacións, incluídas as xudiciais (terceiro poder), eran antidemocráticas. Pero como dicía Foucault, quen impón as interpretacións é o poder, que domina as vontades no seu beneficio e sufoca as demais verdades que non teñen capacidade suficiente para facer valer a súa interpretación.

Interpretacións
Comentarios