Sábado. 18.11.2017 |
El tiempo
Sábado. 18.11.2017
El tiempo

Interpretacións legais

DEPENDIENDO de quen interprete a lei, alguén pode acabar cunha condena de medio século de cárcere ou libre de todo cargo. Branco ou negro, cos grises correspondentes entre medias. Un xuíz pode entender que non existe delito de rebelión ou sedición, dos que son acusados os membros do Goberno catalán, porque non se produciu violencia nas súas actuacións, algo que na redacción do Código Penal consta claramente que debe suceder; pero outro pode apreciar que si, ao considerar que houbo esa violencia por indución, en referencia ao esgrago de vehículos das forzas de seguridade por parte de cidadáns hipoteticamente instigados por decisións tomadas por iniciativa gobernamental. Son dous xeitos antagónicos de xulgar as mesmas decisións, e por iso con resultados ben distintos segundo quen teña a potestade subxectiva de descifrar a lei. Polo tanto, na interpretación está o poder.

Interpretacións legais
Comentarios