miércoles. 14.04.2021 |
El tiempo
miércoles. 14.04.2021
El tiempo

Insurrectos malquistados

É O RISCO que se corre con malquistar, que a violencia larvada se converta en efectiva empurrada pola animosidade permanente. Aquí ou acolá. A toma do Capitolio de Washington foi alentada por un presidente que non acepta un resultado electoral porque non lle foi favorable e fomenta un autogolpe contra as institucións para intentar manterse no poder. A falta de respecto á democracia estendida desde as eleccións estadounidenses tivo a súa culminación cunha actuación ridícula pero de estrema gravidade. En España hai quen o xustifica aínda que o condene coa boca pequena, igual que se aplaudía a advertencia militar contra o Goberno socialcomunista e a implícita ameaza contra a orde constitucional, mais outras expresións guerracivilistas que circulan para animar derrocamentos. A extrema dereita organizada alén mar ou por estes lares agocha un perigo de insurrección en nome alleo na súa ilusión totalitaria e no seu desprezo ao pluralismo. 

Insurrectos malquistados