sábado. 11.07.2020 |
El tiempo
sábado. 11.07.2020
El tiempo

Institucións para usos subrepticios

ESTÁ CLARO que os defensores de fusionar concellos non plantean que se faga un reparto a cartabón como ocorreu en África na época da descolonización, senón que as entidades resultantes sexan lóxicas, e non só iso, que sirvan para aportar máis servizos en conxunto que por separado. Se non, é evidente que serían un fracaso involutivo. Por iso o único razoamento do presidente da federación de concellos galegos de que se marcarían os novos límites con rotulador nunha oficina é vacuo na súa oposición ás unións. Certo que calquera que se faga debe ser analizada e meditada para que redunde en beneficio dos cidadáns, que é o que se busca, pero o rexeitamento frontal dalgúns líderes políticos sen dar argumentos sólidos só fai intuír que buscan o mantemento do clientelismo, de instrumentos para o reparto de favores políticos e de resortes de poder. Ou sexa, institucións a utilizar.

Institucións para usos subrepticios
Comentarios