domingo. 29.03.2020 |
El tiempo
domingo. 29.03.2020
El tiempo

Inmigrantes como solución

O AUMENTO de natalidade non basta para equilibrar o sistema de pensións. A única solución que ve o secretario de Estado da Seguridade Social é a chegada de inmigrantes. Politicamente parece incorrecto defender unha xestión migratoria máis permisiva en vez de subir valados para impermeabilizar fronteiras, pero a porcentaxe de 8,4 nacementos por mil habitantes fai inviable as xubilacións. En Galicia, baixa ao 6,8. A taxa de fecundidade de pouco máis de un fillo por muller que hai na comunidade galega está moi lonxe de garantir a sostibilidade, e máis polo envellecemento poboacional. En España elévase a 1,3, pero aínda así é insuficiente. Entón, lonxe de pechar lindeiros e poñerlle portas ao mar, como se os de fóra só viñeran aproveitarse do noso benestar en vez de aportar laboralmente, habería que favorecer a súa presenza, tanto como pasar dos menos de 5 millóns actuais a 7, do 10% ao 15% da poboación. Só así se estabilizará o sistema.

Inmigrantes como solución
Comentarios