Opinión

Inimigo invisible

Refírese o divulgador Miguel Ángel Almodóvar ao azucre como o inimigo invisible nun libro moi acaído como regalo de Reis logo dos excesos destes días, pero tamén para ter en conta no resto do ano cando a dieta rutinaria afecta á saúde. Isto dirixido á sociedade occidental, onde a pesar das aperturas dunha manchea de persoas e das desigualdades que a crise ensancha todos poden satisfacer o mínimo para o sustento. Pero no mundo existe un problema silenciado, entón imperceptible, porque cae a miles de quilómetros das zonas prósperas, o da fame coa que conviven a diario 220 millóns de persoas a pesar de que haxa produtos suficientes para manter os 7.000 millóns existentes, pero unha cuarta parte nin chega ao mercado nin á mesa de quen o precisa. Esta perda aproveitada sería suficiente para alimentar toda a poboación, pero non se fai nada porque o invisible non existe.

Comentarios