Opinión

Ingratitude coa xestión

Achégase á desaparición tres anos despois de ser o terceiro partido no Congreso con 57 deputados, a só 9 dun PP que sumara uns pírricos 66. O resultado de Cs en Andalucía, sen representación autonómica logo de obter 21 escanos nas anteriores eleccións e incluso superar aos populares nas primeiras xerais de 2019, amosa a ingratitude que ás veces ten a administración política. Foi unánime a percepción de que tanto o líder como o resto de conselleiros do partido laranxa fixeron un bo traballo na comunidade, pero resultou capitalizado polo presidente popular. En Castela e León non foi tan nítido, pero tampouco a parte menor do Goberno tivo o agradecemento cidadán. A xestión é só unha parte que avalían os electores. Algo similar sufrira José Blanco na súa derradeira cita electoral en Lugo, onde nos pouco máis de dous anos que estivo á fronte do Ministerio de Fomento desatascou obras durante tempo bloqueadas e pola contra foi castigado nas urnas

Comentarios