Opinión

Información seria na época da posverdade

NA ÉPOCA da posverdade, ter que desentrañar informacións certas de montaxes falsas xera incerteza. Se non se pode confiar nas noticias dos medios, isto é perigoso para Estados Unidos. Así reprochaba unha portavoz da Casa Branca aos xornalistas por algunhas inexactas novas sobre o presidente. Podía referirse a calquera outro país e ao mundo en xeral, porque semella que existe unha grande aparataxe planetaria para dar como auténtico algo que nunca sucedeu. Internet é unha inmensa turbina que se utiliza para menoscabar a rivais de calquera índole, e a política é unha das máis socorridas. Trump e o seu equipo, que agora se queixan diso, foron dos máis proclives nesta deturpación, na creación de bulos que os consumidores (lectores, televidentes, usuarios de redes sociais) nas máis das veces asumen como verdadeiros. Menos mal que a información seria de medios formais queda a salvo.

Comentarios