martes. 15.06.2021 |
El tiempo
martes. 15.06.2021
El tiempo

Indignación ben diferente

CAMBIOU a indignación. Hai dez anos os mozos (tamén algúns de maior idade, pero sobre todo mozos) saíron ás rúas para exteriorizar a irritación contra un sistema que consideraban mellorable democraticamente. Pouco se avanzou na calidade do método político que rexeitaban e daquilo só queda como herdanza un partido que capitalizou un descontento que tivo epicentro na Porta do Sol, o mesmo lugar no que outros mozos (tamén algúns de maior idade, pero sobre todo mozos) amosan agora o seu descontento coas restricións impostas pola pandemia e manifestan a súa ledicia por poder tomar sen esconderse unhas copas despois da medianoite, como se a liberdade que reclaman fose só para compartir uns vasos e unhas tapas de berberechos. Pois agora a indignación é con eles, por irresponsables, non como polo 15-M. Hai dez anos eran reivindicacións políticas, económicas e sociais e desta volta a insistencia é na festa e no botellón.

Indignación ben diferente
Comentarios