miércoles. 21.10.2020 |
El tiempo
miércoles. 21.10.2020
El tiempo

Independencia xudicial

É INDEPENDENTE porque non milita nun partido, pero ten ideoloxía, como todos; e incluso estar tan próximo que se pode converter en conselleiro autonómico logo de pasar pola xudicatura ou en secretario de Estado ou en ministro. O mundo xudicial non é aséptico politicamente. E iso inflúe en que un informe acuse ou exonere. Interpretación lexislativa que pode levar un camiño ou o contrario. O tenente fiscal do Supremo vén de desvelar que dous compañeiros do ministerio público intentaron influír no seu escrito que terminou sendo exculpatorio do Goberno na xestión do coronavirus. Parece que estes dous representantes da Fiscalía imputarían ao Executivo incluso antes de ter argumentos para iso, xa os buscarían. "Contaminados ideoloxicamente", di eufemisticamente o "aconsellado", por non acusalos directamente de partidistas, tanto que ata un deles se permitiu escribir un artigo arremetendo contra o Goberno. Independencia, si; pero con tendencia.

Independencia xudicial
Comentarios