Opinión

Incumprimos restricións e así nos vai

ALERTABA o conselleiro de Sanidade de que Lugo non está mellorando todo o que debe para frear o coronavirus porque os cidadáns non estamos cumprindo as normas. Créoo. Certo que a hostalería pechou, respéctase o toque de queda e non é usual ver persoas pola rúa sen máscara, pero noutras relacións hai bastante relaxamento, porque se entende que cos amigos e familiares non nos imos contaxiar. Pois si, e aí está o problema. Non haberá festas multitudinarias onde o virus circule libremente e infecte a todos, pero dando unha volta pola cidade non é difícil atopar grupos (pequenos, si, pero grupos, ou parellas) de non conviventes paseando con animada conversa, nutridos curros de pais agardando pegados durante ben minutos a que saian os seus fillos dos colexios, ou incluso fumadores que non se privan de gozar do seu vicio pola rúa, expulsando aerosois que contaxian se teñen carga vírica. E despois queixámonos, pero moita da culpa é nosa.

Comentarios