Opinión

A importancia vital das amizades

NIN AS LEIS do país nin o dereito internacional, o máis importante, case o único importante, son as amizades. Agora que vai comezar o xuízo polo procés, o Goberno español emprende unha campaña para vocear polo planeta a grande democracia que temos, e todo para compensar o descrédito sufrido por Cataluña. É consciente de que se houbera recoñecemento de países importantes cando se declarou a independencia a cousa sería ben distinta. Igual que agora ao ser admitido por Estados Unidos e a Unión Europea o novo presidente interino de Venezuela muda a situación, que sería radicalmente oposta se non tivera apoios no mundo. De aí as amizades imprescindibles. Se EE.UU. e outros estados poderosos son aliados hai futuro, pero se Trump é inimigo pódese acabar na tumba, nun cárcere común ou, como ameaza a Maduro, en Guantánamo, ese penal no que nada se respecta, condenado sen xuízo por capricho de quen enarbora a democracia.

Comentarios