Opinión

Igualdade, ao lonxe

SÁBADO, DÍA DEPORTIVO. Afeccionados do atlético e do Celta poden ver o partido no Wanda. E afeccionadas. Se teñen entrada, homes ou mulleres son libres para acceder ao recinto. Neste ou calquera outro espectáculo. Pero en Irán non, onde está vetado para as mulleres acudir a un campo de fútbol. Ese foi o delito cometido por Sadar Khodayari, castigada por iso a seis meses de cadea e que se inmolou como protesta. Custoulle a vida. Impagable prezo da loita pola igualdade. Ata hai nada as saudís tampouco podían ver fútbol en directo, nin conducir, nin votar. E máis atrás (si, medio século, pero nada na historia da humanidade), a primeira muller que correu unha maratón foi apartada de mala maneira. Estaba prohibido. Boston, 1967, case 200 anos despois de xurdido o lema que serve para as democracias occidentais, nas que a igualdade é un dos principios básicos. Pero no mundo, aquí tamén, dista moito de ser real.

Comentarios