Opinión

Halitose intelectual

CANDO se carece de argumento recórrese ao insulto, o que algúns chaman halitose intelectual. É moi socorrido cualificar de tolo a un representante público que toma decisións contrarias ao noso criterio, ou chamarlle descerebrado, necio, ignorante, imbécil incluso, ou calquera adxectivo que o pretenda deixar coma un pelele. Entre os informadores hai destacados representantes do recurso doado da agresión dialéctica. Carlos Herrera ou Arturo Pérez Reverte son prototípicos do improperio cando falta argumentario. "Chusma política" ou "inútil" foron insultos do xornalista andaluz como conclusión razoada sobre a alcaldesa de Madrid. "Cantamañás" ou "inculta", así considera o escritor murciano que é a rexedora de Barcelona, e desacredita por «ignorante» e "idiota" a Assange. En Lugo un concelleiro de Cs conclúe que unha antagonista está "trastornada". Pobre dialéctica de barrio baixo.

Comentarios