Opinión

Hai que irse acostumando aos pactos

Coa ruptura do bipartidismo, témonos que ir acostumando á cultura do pacto, iso que tanto pregoan algúns partidos en referencia á Transición pero que logo deostan. Logo da irrupción de Podemos e Ciudadanos, xa se viu como se pode endiañar unha situación parlamentaria, primeiro bloqueada durante meses ata que se abstivo unha parte do PSOE para que Rajoy fose presidente e despois mudada pola unión de oito partidos na moción de censura encabezada por Pedro Sánchez. Logo do 28-A ningún dubida de que se precisará un pacto para gobernar, sexa pola esquerda ou pola dereita, e para que os números cadren ao mellor depende dunha presa de votos nalgunhas provincias. E aí queda aberto cara o centro un amplo flanco ao decantarse Cs pola dereita en vez de pola transversalidade da que facía gala ata agora. Nestas eleccións cada pequeno detalle conta, debido á dispersión de voto polo número de partidos, e por iso os erros páganse máis que nunca.
 

Comentarios