Opinión

Habilidade na xestión postelectoral

COA ADMINISTRACIÓN dos resultados iníciase unha nova campaña electoral. A habilidade de xestión é determinante. Demostrouna o PP, pois a pesar de quedar primeiro o 20-D non o tiña doado tras perder 63 escanos e preto de catro millóns de votos. Aínda máis espelido estivo Podemos, que cos seus 69 deputados (incluídos os asociados galegos, valencianos e cataláns) semella gañador e ao que todos atacan a pesar de quedar terceiro. E na beira oposta, C’s non parece asumir as unicamente 40 actas cando as semanas previas ás eleccións as enquisas dábanlle case o dobre. E peor aínda o PSOE, que a pesar de baixar menos do aventurado (de 110 a 90) e manter o segundo posto parece o gran perdedor polo rebumbio interno. O mesmo lle ocorreu a Mas en Cataluña. Derrotado a pesar de que a súa coalición sumaba tanto coma os catro seguintes partidos xuntos. É o problema da mala xestión.

Comentarios