Opinión

Guerra de intereses, como todas

IGUAL que hai uns anos en Iraq, agora a batalla mundial desenvólvese en Siria. Os Estados non teñen sentimentos, os Estados teñen intereses económicos. Dálles igual unha guerra e miles de mortos se diso sacan vantaxe. Igual que en Iraq era o petróleo o protagonista principal, en Siria é o gas, e tamén a ubicación xeoestratéxica, con saída ao Mediterráneo fronte a Chipre e fronteira con Israel. Estados Unidos e outros países occidentais por un lado e Rusia, Irán e Turquía por outro son os que xogan esta partida, nin Al Asad nin os opositores. Esa é a verdadeira guerra, non a civil que arrasa o país desde hai sete anos. Porque neste conflito dáse o paradoxo de que Estados Unidos apoia, entre outros, a grupos armados xihadistas contra o Goberno sirio logo de que Rusia se empregara militarmente para derrotar o Estado Islámico no norte do país. Non é cuestión de razón, senón de interese.

Comentarios