Opinión

A grandeza da democracia

A GRANDEZA DA democracia liberal, coas súas eivas e polo tanto sempre mellorable na súa calidade, consiste en aceptar incluso o que acabaría con ela. Igual que consegue adaptar o oposto ás formas sociais establecidas permite a existencia de formacións contrarias ao sistema, levando ao extremo o que defendera Evelyn Beatrice Hall aínda que durante moito tempo atribuído a Voltaire: "Estou en desacordo co que dis pero defenderei ata a morte o teu dereito a dicilo". Por iso admite formacións políticas antidemocráticas, e España non é excepción, con partidos que xa dixeron que ilegalizarían a outros rivais, totalitarios entón; centralistas autoritarios, xenófobos, racistas, cun nacionalismo español exacerbado que rexeita a liberdade de información ao vetar xornalistas en rodas de prensa e que utiliza términos bélicos para dirixirse a quen considera os seus inimigos. Non cren na democracia, pero aínda así este sistema admíteos no seu seo.

Comentarios