Opinión

Grandes e pequenos morosos

NA QUINTA listaxe de grandes morosos todo semella moi similar ás anteriores, aínda que saíran 745 e entraran 455 e o monto total sexa inferior. Españois que amasan fortunas defraudan aos cumpridores non só por deixar de aportar o que lles corresponde, senón por ser referentes. O que máis amola é que dentro do selecto club superior a catro mil unha manchea deles foi dando leccións de economía, de como debía ser o comportamento dos mileuristas e outros traballadores con dificultade para chegar a fin de mes, das solucións que debían tomar as institucións para o correcto funcionamento do país.

Rodrigo Rato, Mario Conde, Arturo Fernández (o que foi vicepresidente da patronal, non confundir co actor) e moitos outros empresarios xúntanse a personaxes do espectáculo ou do deporte que adebedan máis de 14.000 millóns. Son morosos de máis de un millón, e de aí para abaixo a suma tamén é cuantiosa. Somos un país de defraudadores.

Comentarios