Opinión

Un Goberno que non represente a maioría

O ENDIAÑADO reparto electoral que prevén as enquisas pode levar a que este país estea gobernado por quen non represente a maioría. Non estaría deslexitimado, porque é legal, pero demostraría unha fórmula incorrecta porque non reflectiría o depositado nas urnas. E iso pola distribución de deputados por provincias en vez de por circunscrición única, que esta si ocorre nas europeas. A concepción por provincias era que os deputados foran representantes dos territorios, pero realmente sono dos partidos, pois seguen fieis as directrices marcadas polas respectivas direccións parlamentarias sen ter en conta a procedencia. A división en 52 parcelas pode contabilizar milleiros de votos perdidos. En 2016 en Galicia os recollidos por BNG e Cs non serviron para que estas formacións obtiveran escano. E no 2019 por España adiante algúns quedarán sen acta provincial a pesar de alcanzar unha elevada porcentaxe de voto. Son as deformacións do sistema.

Comentarios