Martes. 20.11.2018 |
El tiempo
Martes. 20.11.2018
El tiempo

Gobernar para todos, imposible

GUSTAN BOA parte dos políticos de expoñer publicamente a súa pretensión de gobernar para todos os cidadáns, tanto para os que os votan coma para os que non.

A miña intención non é a de fertilizar a estendida idea de que a política é sinónimo de mentira e de que os responsables da cousa pública non teñen empacho en enganar para alcanzar ou manterse no poder, pero cando din que se empeñarán en gobernar para todos están faltando á verdade, porque, poñamos por caso, ante un colectivo favorable ao aborto libre e outro contrario incluso en caso de malformacións do feto ou violación, calquera decisión que un executivo tome ao respecto só satisfará unha parte; ou ante quen defenda os touros ou a súa prohibición non hai término  medio.

Poden dicir que gobernarán para a maioría, que iso parece obvio, aínda que poden facelo en minoría, pero asegurar que o farán para todos é unha falacia.

Gobernar para todos, imposible
Comentarios