lunes. 18.01.2021 |
El tiempo
lunes. 18.01.2021
El tiempo

Gobernar para os mercados ou para as persoas

COMO se fose unha cota de xarda ou sardiña, os estados europeos repártense refuxiados prófugos das balas e das bombas en Oriente Próximo ou fuxidos da fame e da pobreza de África. Para que se buscaran solucións tiveron que chegar ao corazón de Europa logo de superar a fronteira mediterránea dos países sureños escasos de poder, que unicamente contan na esixencia do cumprimento dos compromisos económicos. E o único remedio atopado foi o de distribuír estorbos por estados, porque non existe capacidade política nin vontade de poñerlle remedio porque todo se aborda desde un prisma economicista, convertendo as persoas en mercadoría. Gobérnase en Europa para os mercados e non para quen habita ou busca no continente unha vida digna da que lle privan as guerras e a miseria. Se non se humaniza a política e os estados seguen cuantificando só números a desesperación non cesará.

Gobernar para os mercados ou para as persoas
Comentarios