Lunes. 19.11.2018 |
El tiempo
Lunes. 19.11.2018
El tiempo

Gañarse o respecto

DIRIXENTES POLÍTICOS e maxistrados, as máis altas instancias estatais, reclaman que se respecte a Xustiza, pero ás veces é difícil, como cando o plenario do Supremo emenda unha sentenza do propio tribunal porque se estima a "enorme repercusión económica e social", como se evitala fose función súa. Entón, pola mesma filosofía, a partir de agora pode ocorrer que tempo despois de emitida unha sentenza se poida recuar logo de analizar as consecuencias. O nunca visto. E por riba está Europa, que ten revisado nos seus tribunais moitos outros casos nos que a Xustiza española non quedou ben parada. A última, o mesmo día da decisión do Supremo, dálle unha labazada á Audiencia Nacional por vulnerar os dereitos de Otegi. Facilítalle así osíxeno ao soberanismo, vasco e catalán, no seu argumentario sobre a parcialidade xudicial, e motiva fendas nun dos piares do Estado que ás veces non toma decisións para gañarse o respecto.

Gañarse o respecto
Comentarios