Opinión

Gañar non é sinónimo de gobernar

NON É tan sinxelo o de que goberne a lista máis votada, pola difícil aprobación de iniciativas cando se precisan maiorías e se sustentan en minorías, o que levaría a indesexables situacións de bloqueo. Os pactos facilitan a gobernabilidade. Iso, ou cambiar máis en profundidade a normativa convertendo as institucións en presidencialistas, con elección directa polos cidadáns en vez do sistema indirecto actual, e así parlamentos e concellos perderían protagonismo e daríanlle aínda máis poder a alcaldes e presidentes. E debería haber segunda volta. Defende Feijóo que goberne o máis votado. Dese xeito en Galicia o PP tería algunha gran alcaldía máis (A Coruña, Lugo, Ferrol, aínda que perdería Ourense, todas en minoría), se ben en España varias comunidades nas que goberna estarían en mans socialistas (Andalucía, Murcia, Madrid ou Castela e León, pois Ayuso e Mañueco  non gañaran nas súas primeiras eleccións). Non é tan simple a cuestión.

Comentarios