Opinión

Gaña a xustiza, perde a política

CANDO A xustiza é chamada a substituír a acción política, esta perde o control, e recuperalo non é doado. Así o considera un dos pais da Constitución, Miquel Roca, antes de incidir en que cando a xustiza é chamada a resolver, a política constata o seu fracaso, e iso é que acontece en Cataluña, onde non se atopou máis recurso que os tribunais para arranxar un conflito que parecía en vías de solución coas eleccións pero que se amosou enquistado pola contumacia xudicial ante uns resultados insospeitados polo Goberno. E esta interinidade, a saber cando rematará; porque non se lle permite ser elixido polo Parlamento a quen os representantes maioritariamente apoian, unha deturpación democrática igual á dos anteriores comicios, cando a CUP boicoteou a presidencia de Mas e aí emerxeu o agora proscrito Puigdemont. Mentres a xustiza se impoña á política seguirá a colisión.

Comentarios