Lunes. 20.05.2019 |
El tiempo
Lunes. 20.05.2019
El tiempo

Fuxida de conflitos bélicos

XA APOIOU unha vez España a guerra no golfo Pérsico como para meterse en leas outra vez. Está nas estruturas da Otan e da UE que supoñen unhas obrigas, pero iso non debe representar un respaldo ao unilateralismo de EE.UU., que xa quedara claro co «America first» de Trump. Cada presidente estadounidense tivo a súa guerra, e desta parece que non vai ser excepción, entón por moita amizade que se teña co país máis poderoso do mundo non se lle pode facer seguidismo. Aznar cría que si, pero a situación mudou coa chegada de Zapatero á Moncloa e o actual Goberno está na mesma órbita. Por iso a ministra de Defensa tomou a decisión de que a fragata Méndez Núñez non seguira escoltando un portaavións estadounidense unha vez que se achegou a Irán se supón que con ánimo amedrentador, incrementando así a tensión nunha rexión que é unha polvoreira e á que Trump vai co chisqueiro. O mellor que se podía facer era fuxir, aínda que outros queiran guerra.

Fuxida de conflitos bélicos
Comentarios