Opinión

Futuro pouco prometedor

AS PERSPECTIVAS desoladoras coas que se atopan os investigadores botárona da universidade. Pérdese así un potencial inmenso na exploración do alzhéimer en Galicia. É un caso concreto que se coñeceu hai pouco pero que por desgraza non é excepcional. Moitos dos mellores quédanse polo camiño ou teñen que emigrar; perspectiva nada prometedora para o país. Pois como dicía un exalto cargo referido a Cataluña, «non se pode fiar o progreso á explotación duns recursos naturais sen fin, senón que debemos confiar na capacidade, creatividade e talento da xente», e iso pódese facer extensivo a calquera outro territorio, incluído Galicia. Porque a riqueza dun lugar está nas persoas, e aquí non só estamos baixando poboación, que é dos peores indicadores, senón que dos máis capacitados que quedan unha manchea non pode desenvolverse para beneficio colectivo, non só deles.

Comentarios