jueves. 02.12.2021 |
El tiempo
jueves. 02.12.2021
El tiempo

Fusión de concellos

VEÑEN DE ANUNCIAR a unión dous concellos pacenses que xuntos suman máis de 60.000 habitantes. Formarían a terceira localidade estremeña máis poboada, só detrás das capitais provinciais. Os partidos con representación municipal apoian a fusión, polo que non debería haber contratempos na consulta popular que o terá que referendar. É un avance na concentración, pero mínimo en España.

Durante a crise anterior á pandemia especulouse cunha agresiva rearticulación que rebaixara de forma considerable os 8.131 concellos que hai en España, pero nada. Só se producen a contapingas. En Galicia, uníronse Oza e Cesuras no 2013 e Cerdedo e Cotobade en 2016 e aí parou a ansia asociativa.

Entón vese que non hai outra solución máis que artellala por lei e que a aproben todos os partidos, pero se non son capaces de acordar a renovación do Poder Xudicial, menos serán de fixar un mínimo básico para as agregacións, que dicían urxente e quedou freada.

Fusión de concellos
Comentarios