jueves. 09.04.2020 |
El tiempo
jueves. 09.04.2020
El tiempo

Funcionarios partidistas

ESCUROS PODERES inflúen na política, iso é sabido aínda que dificilmente demostrable, e tamén que funcionarios de todas as institucións incumpren o seu cometido de servizo público. Coas súas decisións, de Madrid a Lugo, de Santiago a Benidorm, favorecen tendencias ou entorpecen outras. Son os menos, pero transcenden por contravir os mandatos de neutralidade, imparcialidade e independencia fronte a intereses partidistas, idea coa que se estableceu o Estatuto de Maura no reinado de Alfonso XIII hai un século que rachaba coas cesantías no cambio gobernamental sistemático ata daquela.

Investíganse agora as entreteas da espionaxe a Pablo Iglesias por parte de policías cun claro fin político, guerra sucia nos sumidoiros do Estado coa imprescindible participación funcionarial. Invéntase un informe, fíltraselle a un medio de comunicación e xa está a lea montada. Ruín proceder, pero cal búmerang o descubrimento da trama beneficia a quen pretendían bloquear.

Funcionarios partidistas
Comentarios