domingo. 28.11.2021 |
El tiempo
domingo. 28.11.2021
El tiempo

Financiamento xusto

IGUAL nome, pero en contraposición aos países occidentais máis poderosos fórmase o grupo das comunidades españolas menos prósperas. Este novo G-8 reclama outro financiamento, pero a outra metade ve como ataque aos seus intereses. Aquí, igual que nas Castelas, Estremadura, Aragón, Cantabria, Asturias e A Rioxa, considérase xusto que se compense a maior contía por prestación de servizos sanitarios, farmacéuticos ou de dependencia debido ao envellecemento, pero as máis habitadas, como Madrid, Andalucía ou Cataluña, entenden que se debe premiar o número total, porque son máis aos que cubrir necesidades. Galicia ten máis núcleos que o resto de España xunta, é iso en infraestruturas ten un custe que non se pondera suficientemente, igual que outras eivas. O G-8 (presidentes de tres partidos) é un impulso para o equilibrio, pero en fronte estarán as comunidades máis poderosas coas súas negociacións bilaterais. Pero hai que intentalo.

Financiamento xusto
Comentarios